Skip to Content

Novas

Comezo das clases

O mércores 12 de setembro comezan as clases para Educación Infantil e Primaria.  O horario para o primeiro día  será o seguinte:

   Educación Infantil: 10:30 a 12:30

O alumnado que comeza en 3 anos terá o horario establecido no período de adaptación.

   Educación Primaria: 10:00 a 12:30

Reunión Informativa para as familias do alumnado de 4º Educación Infantil (3 anos)

O vindeiro venres 7 de setembro ás 11,00 da mañá, celebrarase unha reunión informativa para as familias do novo alumnado de 3 anos que comeza Educación Infantil. Prégase, se é posible, que acudan sen os nenos/as.

 

Fondo solidario para adquisición de libros e material escolar.

Xa saíu a Orde do 9 de maio de 2018 (DOG, 21 de maio) pola que se regula a participación no fondo solidario para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso. Estade atentos ás datas:

Presentación das solicitudes: do 23 de maio ata o 22 de xuño do 2018

Ver toda a información no documento que se adxunta.

María Canosa vén ao CEIP Flavia

A escritora María Canosa veu ao noso  centro o 19 de abril co gallo da celebración do Día do Libro.

Clicade no link e veredes o artigo de prensa.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/padron/2018/04/21/maria-canosa-ceip-flavia/0003_201804S21C119912.htm

Día internacional das mulleres, 8 de maio

O 8 de maio é o Día Internacional das mulleres é por iso, que no centro estivemos reflexionando acerca do papel da muller na sociedad galega e internacional. Non deixedes de visitar a web da biblioteca para ver  máis. Clica na imaxe e accederás directamente

PRÓXIMOS ENCONTROS COAS FAMILIAS: HÁBITOS, RUTINAS E LÍMITES.

Como nais e pais sentimos que as veces non contamos coas ferramentas axeitadas para xestionar rutinas, hábitos e límites cos nosos fillos e fillas. Como sabemos que é un tema do voso interese, informamos, que o vindeiro

Aviso urxente en relación á folga do 8 de marzo

Queremos informar que en previsión da folga e paros convocados por varios sindicatos para mañán, xoves 8 de marzo Día internacional da Muller:

- O centro abrirá no seu horario habitual. O transporte e o comedor están garantidos.

- Os servizos mínimos do persoal docente e non docente serán: director/a e un coidador/a.

- Haberá agrupamentos do alumnado, dependendo do persoal que secunde a folga e do alumnado que veña ao centro

- Non se garante o normal funcionamento do centro, polo que o día non será de clase ordinaria.

Grazas

Aliméntate ben!!!

O noso Centro solicitou a participación no programa "Aliméntate ben" para a

concesión de axudas de subministración de froitas frescas e leite líquido o cal nos foi concedido. O obxectivo é traballar unha alimentación saudable contribuíndo a promoción destes produtos e tamén de consumidores responsables. Así, durante 5 días á hora do recreo repartirase a todo o alumnado unha peza de froita variada.

Nota informativa aos pais/nais

Campaña de recollida de alimentos: mes de novembro

O noso centro en colaboración co IES Camilo José Cela estamos levando a cabo unha campaña para a recollida de alimentos.

Durante o mes de novembro estamos recollendo CACAO e CAFÉ.

Distribuir contido


by Dr. Radut