Skip to Content

3º E. Primaria

Excursión

O luns 5 de xuño o alumnado de terceiro e cuarto foi de excursión ao camping os Fieitás en O Grove, onde fixeron moitas actividades ao aire libre.

A noticia dos nosos Superlíderes sae publicada en dous xornais

 

A noticia sobre o gran éxito que tiveron os alumnos de 3º do Ceip Flavia sae publicado nos xornais de El Correo Gallego e La Voz de Galicia.

Gala de Superlíderes

Hoxe, 9 de abril, foi un día cargado de emocións para todos os integrantes do Ceip Flavia e moi especialmente para o alumnado e mestras de terceiro de primaria. O motivo foi que hoxe celebrouse a Gala de Superlíderes onde participaban alumnos e alumnas de centros educativos que viñan de distintos puntos da xeografia galega. Os nosos participantes gañaron 4 premios!!! E foron agasallados cuns robots estupendos!!! Noraboa a todos os participantes.

 

Visita da escritora María Reimóndez

O alumnado de 3º e 4º de primaria tivo a sorte de coñecer e interactuar coa escritora María Reimóndez,  que é a autora do libro que estiveron lendo este segundo trimestre "O Segredo das froitas". Moitas grazas, María!!!                         

Coñecemos a alimentación saudable, especialmente os beneficios do leite

O mércores os alumnos de 2º e 3º tivemos a sorte de contar cunha persoa que nos estivo explicando a importancia da alimentación saudable, os beneficios do leite, cal é o proceso do mesmo desde que se extrae ata que o mercamos no supermercado... Foi unha experiencia moi interesante.

UNHA PROPOSTA CON ARTE

O alumnado de 3º de primaria quérevos amosar como foi a presentación da súa obra e tamén compartir con todos e todas o que realizaron outros centros. Foi realmente emocionante,

Fin de curso en 3º de Primaria

O venres fixemos unha festa na clase onde houbo moitos sorrisos, algunhas despedidas e moitas emocións misturadas. Ata o vindeiro curso!!!!

Os alumnos de 3º rapeamos a Galiña Azul

Este ano o homenaxeado no día das Letras Galegas foi Carlos Casares. É por iso, que os alumnos de 3º de Primaria estivemos traballando unha das súas obras máis coñecidas "A Galiña Azul" e a convertemos nun rap. A qué temos un gran ritmo???

TURISMO SOSTIBLE. TRAXE DE ASTRONAUTA

Adrián tomouse moi en serio esto do turismo sotible. E como non, planeou unha viaxe a un planeta imaxinario. Para iso matinou moito en como ía a ser o seu traxe, pois como xa sabemos, esto de sair da terra, conleva os seus perigos. Se queres disfrutar dunha viaxe imaxinaria e queres tamén o traxe de Adrián, vaiche contar como o elaborou a partires de material de refugallo. Grazas Adrián!.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut