Skip to Content

Novas

O noso baile de Samaín

Queredes bailar con nós este baile? Todo o cole estivemos movendo o esqueleto ao ritmo desta famosa melodía. Mirade, que ritmo temos!!!

 

Celebramos o Samaín e o Magosto

O martes 30 de novembro celebramos o Samaín e o Magosto no noso cole. Aquí vos vai un resumo da xornada.

Aprendemos acerca do ciclismo

Esta semana estivo o Club de Ciclismo de Padrón dándonos a coñecer este deporte e amosándonos as bicis que empregan eles, os materiais do que están feitos, as diferentes partes, ... Moitas grazas ao Club por vir ao noso centro!!!

 

O día de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro. É por iso que desde o noso centro estivemos celebrándoo. Aquí tendes un vídeo resumo.

 

 

O Entroido no Flavia

O venres festexamos o Entroido. Foi un día moi especial onde nos disfrazamos, bailamos, comemos doces destas festas... Aquí podedes ver imaxes de como foi ese día.

 

Bailamos o Día da Paz

O 30 de xaneiro todo o colexio estivemos celebrando o Día da Paz. Para iso, fixemos un baile. Mirade, mirade a nosa coreografía!!!

 

Susa Herrera canta e baila con nós

O xoves 26 de xaneiro tivemos a sorte de contar con Susa Herrera e poder cantar con ela moitas das súas cancións. Aquí vos amosamos un pequeno resumo.

 

CHARLA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS: 7 DE NOVEMBRO

 

  Estimadas familias: Os vindeiro luns 7 de novembro ás 16:30 terá lugar no colexio unha charla informativa sobre o uso saudable das TRICS dirixida aos responsables do alumnado. 

PREMIOS DO CERTAME DE DEBUXO POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Xa temos gañadores do certame de debuxo convocado polo CIM Terras de Iria! O tema foi a eliminación da violencia contra as mulleres e os debuxos eran todos moi chulos, así que foi difícil decidir....

1º Ciclo

Ana Pérez Rodríguez

2º Ciclo

Mateo Chayán Cruces

3º Ciclo

Blanca Rocha Castro

PARABÉNS!!

ACTIVIDADES DO PROGRAMA IGUALDADE NAS REDES

Comezamos nos cursos de 5º e 6º de Primaria coas charlas para o uso responsable das TRICS. Podedes ver o cartel das actividades no ficheiro adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut