Skip to Content

Novas

CELEBRACIÓN SAMAÍN E MAGOSTO.

Padrón 21 de outubro de 2016


CELEBRACIÓN DE SAMAÍN E MAGOSTO


Estimados pais/nais:


Con motivo da celebración do Samaín, precisamos da vosa colaboración para realizar as seguintes actividades:
O martes 25 de outubro: Exposición de cabazas: os alumnos e alumnas que así o queiran traerán unha cabaza decorada para a súa colocación no corredor do colexio. Este ano o tema que imos traballar durante todo o ano é O TURISMO SOSTIBLE polo que os que queiran poden decorar a cabaza con motivos propios deste tema. Quedades invitados a visitar a exposición o martes pola tarde coincidindo coa hora de titoría.


O VENRES 28 de outubro: celebramos o Magosto polo que tamén pedimos a vosa colaboración traendo á escola un puñado de castañas xa amosegadas.
Para este día temos previsto facer talleres nas aulas e posteriormente a degustación das castañas.


Agradecemos a vosa colaboración
A dirección

Libros de texto 2016/17

  •  RECOLLIDA DOS LIBROS  ADQUIRIDOS CO VALE OU DO FONDO DE LIBROS  (3º, 4º, 5º e 6º).

Fondo e axudas para libros e material escolar

Está aberto o prazo para:

a) Fondo Solidario de Libros

b) Axuda de adquisición de libros

c) Axuda de adquisición de material escolar

 

CONVOCATORIA: Orde do 27 de abril de 2016 (DOG 16/05/2016)

Mais información no correo adxunto

Letras galegas 2016

Este ano o homenaxeado nas Letras Galegas 2016 é MANUEL MARÍA. No Ceip Flavia, para celebrar o día da nosa Lingua contaremos  coa visita de Heitor Picallo que pasará con nós a mañá do día 16 para celebrar o Día das Letras Galegas, amosándonos o seu traballo.

Olla o arquivo adxunto e amplía a información.

Navega con rumbo

O vindeiro luns 9 de maio os/as alumnos de 5º e 6º participaran dunha charla ofrecida polo Colexio Profesional de Inxenería Informática de Galicia, dentro do programa NAVEGA CON RUMBO.

Nos ficheiros adxuntos atoparán guias para pais e alumnos.

Ponte de San Xoán do Raio

Avaliacións de 6º e 3º de primaria

Charla para pais sobre o uso da internet

Actividades mes de abril

Durante a última  quincena de abril o Centro vai participar nas seguintes actividades:

 

Día 20 abril:

Distribuir contido


by Dr. Radut