Skip to Content

Novas

Debuxos contra a violencia de xénero

 

Panxoliña de Nadal

Este ano queremos felicitarvos o Nadal con esta panxoliña cantada e interpretada por alumnos  e os profes do colexio. Esperamos que vos guste e FELICES FESTAS!!!

3 de decembro: Día da Discapacidade

O 3 de decembro é o Día da Discapacidade. Desde o noso centro estivemos vendo diferentes formas de comunicación e plasmámolo a través da realización de pictogramas e elaborando un vídeo baseándonos nun conto da biblioteca sobre certos hábitos que debemos seguir. Para ver o vídeo, clica na imaxe de abaixo.

Celebración do día do Medio Ambiente

Hoxe celebramos o día do Medio Ambiente e por iso, estivemos facendo motivos da natureza con arroz, follas, xices...

Día da Muller e a Nena na Ciencia

 

Panxoliña de Nadal

Aquí tendes a panxoliña que preparamos entre todos os que formamos parte do Ceip Flavia. E todos nós queremos desexarvos unha Felices Festas.

 

O ritmo a través do Crebanoces

Este trimestre na clase de Educación Musical estivemos traballando distintas partes do Crebanoces. Agora deixámovolas aquí e podedes intentalo na casa!!! Tedes a axuda dos vosos compañeiros do Flavia. Mirade os vídeos atentamente e tratade de facer o mesmo. Seguro que o pasades xenial!!!

En primeiro lugar temos a Danza Rusa: Veña a mover o esqueleto!!!

 

En segundo lugar unha marcha onde marcamos o ritmo a través da percusión corporal.

 

Concurso de postais de nadal

Este ano tivemos un concurso de postais de nadal. Tras unha difícil deliberación, xa que todas eran fermosas, aquí están os gañadores: Victor, Sara, Eire e Xela. Parabéns!!!

 

Falando con Papá Noel

Os nenos e nenas de Educación Infantil tivemos a sorte de falar con Papá Noel. Como non podía vir ao noso cole, fixemos unha videochamada con el. Se é que Santa Claus é moi bo e entre tanto axetreo ten un ratiño libre para falar con nós. Grazas, Papá Noel!!!

Funcionamento da aula virtual

Este curso é probable que o alumnado teña que acceder á Aula Virtual do noso centro educativo. 

A aula virtual é unha plataforma onde os mestres colgan recursos, tarefas... para que o alumnado poida realizalas desde a súa casa. No caso de confinamento, é unha forma de que continuar co proceso de ensinanza e aprendizaxe de xeito non presencial.

A través deste vídeo queremos que vexades paso a paso o funcionamento da mesma e, deste xeito resolver as dúbidas iniciais que poidan xurdir.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut