Skip to Content

Novas

PRÓXIMOS ENCONTROS COAS FAMILIAS: HÁBITOS, RUTINAS E LÍMITES.

Como nais e pais sentimos que as veces non contamos coas ferramentas axeitadas para xestionar rutinas, hábitos e límites cos nosos fillos e fillas. Como sabemos que é un tema do voso interese, informamos, que o vindeiro

Aviso urxente en relación á folga do 8 de marzo

Queremos informar que en previsión da folga e paros convocados por varios sindicatos para mañán, xoves 8 de marzo Día internacional da Muller:

- O centro abrirá no seu horario habitual. O transporte e o comedor están garantidos.

- Os servizos mínimos do persoal docente e non docente serán: director/a e un coidador/a.

- Haberá agrupamentos do alumnado, dependendo do persoal que secunde a folga e do alumnado que veña ao centro

- Non se garante o normal funcionamento do centro, polo que o día non será de clase ordinaria.

Grazas

Aliméntate ben!!!

O noso Centro solicitou a participación no programa "Aliméntate ben" para a

concesión de axudas de subministración de froitas frescas e leite líquido o cal nos foi concedido. O obxectivo é traballar unha alimentación saudable contribuíndo a promoción destes produtos e tamén de consumidores responsables. Así, durante 5 días á hora do recreo repartirase a todo o alumnado unha peza de froita variada.

Nota informativa aos pais/nais

Campaña de recollida de alimentos: mes de novembro

O noso centro en colaboración co IES Camilo José Cela estamos levando a cabo unha campaña para a recollida de alimentos.

Durante o mes de novembro estamos recollendo CACAO e CAFÉ.

Reunión informativa cos titores e especialistas

Estimados pais/nais/titores legais:

Comunicámoslles  o calendario  das distintas reunións informativas do profesorado titor e especialistas para o presente curso.

  • 19 de setembro:

           De 16:00 - 17:00 h: EDUCACIÓN  INFANTIL

           De 17:00 - 18:00 h: 1º, 2º de EDUCACIÓN PRIMARIA

Nota informativa para os alumnos/as que sexan usuarios do transporte escolar e comedor

Se os vosos fillos/as son usuarios do transporte escolar, consultade o arquivo adxunto para coñecer o funcionamento do mesmo.

Nota informativa para as entradas e saídas do centro

A continuación vos deixamos un arquivo adxunto para que teñades toda a información sobre  como é o funcionamento das entradas e saídas dos vosos fillos/as ao centro educativo.

Horario para o primeiro día de clase

O luns 11 de setembro comezamos as clases do curso 2017/18. Para este día o horario será o seguinte:

  • Alumnado de Educación Infantil de 10:30 a 12:30
  • Alumnado de Educación Primaria de 10:00 a 12:30

Agardámosvos!!!

Campaña "MOVILÍZATE"

Padrón, 26 de abril de 2017

 

Nota informativa aos pais/nais:

O noso Centro está a colaborar co IES Camilo J. Cela na campaña "MOVILÍZATE" na que se van a recoller móbiles usados (SEN BATERÍAS) coa finalidade de reciclar e reducir a demanda de compoñentes coma o Coltán, que tantos estragos está a ocasionar en algunhas zonas, destruíndo hábitats e provocando situacións de escravitude INFANTIL, etc.

Ao longo do mes de abril e maio recolleranse no centro móbiles usados.

CONTAMOS COA TÚA COLABORACIÓN.

Atentamente

A DIRECCIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut