Skip to Content

PRÓXIMOS ENCONTROS COAS FAMILIAS: HÁBITOS, RUTINAS E LÍMITES.

Como nais e pais sentimos que as veces non contamos coas ferramentas axeitadas para xestionar rutinas, hábitos e límites cos nosos fillos e fillas. Como sabemos que é un tema do voso interese, informamos, que o vindeiro martes 19 de novembro ás 17:40h contaremos cunha charla para as familias impartida pola psicóloga e experta en asesoramento familiar Libertad Culebras.

Contaremos tamén cun monitor/a da empresa Vagalume para que se faga cargo dos vosos fillos e fillas, mentres asistides á charla, financiado/a  pola la ANPA do colexio.

Confiamos en que sexa do voso interese e esperámosvos.

O Equipo Directivo



page | by Dr. Radut