Skip to Content

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Historias de medo

O alumnado estivo creando historias que dan moito pero que moito medo. O blogue de Normalización Lingüística quere compartilas con todos vós. Podes velas clicando no icono a continuación.

O Blogue de Dinamización da Lingua Galega está dispoñible para todos vós. Xa tedes o enlace desde a nosa web do centro. Animádevos a visitala!!!

Día das Letras Galegas

Para celebrar o Día das Letras Galegas, nas aulas estivemos imprimindo en  camisetas debuxos coas portadas dos libros de María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano. Aquí tedes unha mostra do noso traballo

Mes da ciencia

              

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

A Biblioteca Escolar do Flavia recolle o testigo e organiza actividades e unha exposición para difundir a ciencia nas escolas.

Celebración do Magosto e o Samaín

Ola a tod@s!!!

Aquí podedes ver un resumo do que fixemos co gallo da celebración do Magosto e o Samaín. Esperemos que vos guste!!!

 

 

XOGOS CON MATERIAL DE REFUGALLO

O alumnado de 1º e 2º elaboraron tres xogos con material de refugallo que logo compartiron cos máis pequechos do cole da man da mestra de Educación Física.

CELEBRANDO A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Comezamos hoxe a semana das Letras Galegas, e nada mellor que un contacontos para inciar o festexo. Hoxe contamos con Celso, que nos conta historias de aquí, do noso e da nosa xente, con el unha hora de gargalladas, de música e contos.

 

LETRAS GALEGAS 2017

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".

TURISMO SOSTIBLE. RECICLAXE

Este ano adicado o turismo sostible, nada mellor que planificar unha viaxe a marte, a algún planeta imaxinario. Aquí vos deixamos a idea dun traxe espacial elaborado con material de refugallo. Grazas Adrián.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

      Hoxe 24 de febreiro celebramos o 180 aniversario do nacemento de Rosalia de Castro.

Distribuir contido


by Dr. Radut