Skip to Content

Novas

Visita á exposición de bicicletas no Convento do Carme

O 25 de abril o alumnado de 3º a 6º de Primaria tivo a oportunidade de asistir a unha exposición de bicicletas no Convento do Carme en Padrón.

A exposición de "mulleres" do Ceip Flavia aparece publicado no xornal

Como ben sabedes os cadros elaborados polo alumnado do Ceip Flavia están expostos ata o 5 de abril. O xornal La Voz de Galicia publica esta noticia o martes 2 de abril. Aquí o tendes. Clica enriba da imaxe e accederás á noticia.

Exposición coa temática «mulleres»

Existen cambios nas datas da exposición de cadros. A inauguración será o 1 de abril á s 12'00 no Centro Social de Padrón e estará ata o 5 de abril.

 

8 marzo: Día Internacional da muller

Entroido 2019 no Flavia

O 1 de marzo celebramos no noso centro o Entroido. Aquí tedes un resumo para que vexades que ben o pasamos!!!

 

Aviso ás familias de folga

Estimadas familias:

Informamos que mañá, venres 8 de marzo, está convocada unha folga, motivo polo que a actividade docente pode sufrir algún cambio debido ao dereito á folga que os mestres e mestras do centro teñen dereito a exercer.

Un saúdo. A dirección

Xornada de Porta Abertas 2019

Xa está aberto o prazo de admisión para o curso 2019/20

Estimadas familias:

Informamos de que o prazo de admisión para o vindeiro curso xa está aberto. Podedes consultar as datas e a lexislación no apartado ADMISIÓN ALUMNADO.

Celebramos o día da paz

O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, onde ademais de decorar o centro con motivos da paz estivemos cantando unha canción chamada "Quérote máis" de Sonoro Maxín. Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades un anaco dese momento.

 

Festexamos o Nadal ao grande

As vacacións do Nadal xa chegaron e para festexalo o venres estivemos celebrándoo ao grande: escribimos cartas aos Reis Magos e entregámosllas, tomamos as uvas ao son das 12 campanadas, cantamos unha panxoliña de Nadal, tomamos o chocolate con churros... foi unha mañá con moitas sorpresas. 

podedes descargarvos algunhas imaxes do día premendo no arquivo adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut