Skip to Content

Novos membros do Consello Escolar

Como xa vos fomos informando, este curso houbo renovación parcial dos representantes ao Consello Escolar. A continuación adxuntámosvos todos os representantes que forman parte do mesmo.

Familiarizándonos coa Piramide da Alimentación

O 4 de decembro os alumnos de 1º e 2º de primaria tivemos a sorte de que contar coa colaboración da Escola Galega de Consumo onde estivemos traballando a Pirámide da alimentación. 

Obradoiros na Escola Galega de Consumo para os alumnos de 5º de primaria

O venres 30 de novembro os alumnos/as de 5º de primaria fomos ata a Escola Galega de Consumo a dous obradoiros moi interesantes: de publicidade e de videoxogos. Foi moi  interesante

Obradoiro de Consumo en Educación Infantil

O venres 30 de novembro o alumnado de Infantil tivemos na aula un obradoiro de Consumo, onde fixemos unha medusa cunhas cores moi vistosas. 

Obradoiros na Escola Galega de Consumo

A publicidade está moi presente no noso día a día e temos que ser reflexivos e non deixarnos enganar. É por iso, que o xoves 29 de novembro os alumnos e alumnas de 6º de primaria do Ceip Flavia puidemos asistir a uns obradoiros de consumo onde aprendemos a ler etiquetas, a publicidade e os seus usos, a creación de caráctulas dos videoxogos... É sorprendente o que puidemos descubrir.

Visita dunha xornalista a 2º de primaria

O mércores 28 de novembro veu a visitarnos aos nenos e nenas de 2º a xornalista Belén Xestal, nai dunha alumna e antiga estudiante no noso colexio. Falounos do seu traballo e inaugurou o noso xornal de aula. Fixémoslle moitas preguntas. Foi unha experiencia moi enriquecedora!!!

Imos ao teatro ABANCA

O 27 de novembro os alumnos/as de 1º de primaria foron ao Teatro de ABANCA en Santiago de Compostela para ver unha obra de títeres. Foi moi entretida!!!

Segunda quedada literaria

O 27 de novembro os alumnos/as de 6º de Primaria tiveron a segunda quedada literaria cos alumnos de 1º de Primaria do Ceip Rosalía onde lle contaron historias . Esta vez foron os nosos alumnos os que se desplazaron ao seu centro educativo. Unha gran experiencia!!!. Se queredes máis información podedes clicar na imaxe.

Concurso Educando en igualdade

Os alumnos e alumnas de sexto participaron nun concurso de Educando pola igualdade. Aquí está o vídeo

 

Plan director: violencia de xénero

O martes 20 de novembro o alumnado de 5º e 6º de primaria tivemos a sorte de contar coa participación da garda civil para falarnos acerca da violencia de xénero. Posteriormente, pola tarde, para aquelas familias interesadas, tamén puideron informarse acerca deste tema.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut