Skip to Content

A exposición de "mulleres" do Ceip Flavia aparece publicado no xornal

Como ben sabedes os cadros elaborados polo alumnado do Ceip Flavia están expostos ata o 5 de abril. O xornal La Voz de Galicia publica esta noticia o martes 2 de abril. Aquí o tendes. Clica enriba da imaxe e accederás á noticia.

Visita da escritora María Reimóndez

O alumnado de 3º e 4º de primaria tivo a sorte de coñecer e interactuar coa escritora María Reimóndez,  que é a autora do libro que estiveron lendo este segundo trimestre "O Segredo das froitas". Moitas grazas, María!!!                         

Exposición Mulleres

Exposición coa temática «mulleres»

Existen cambios nas datas da exposición de cadros. A inauguración será o 1 de abril á s 12'00 no Centro Social de Padrón e estará ata o 5 de abril.

 

Visita ao instituto

O venres 23 de marzo o alumnado de sexto foi a coñecer o IES Camilo José Cela. 

Visita ás instalacións do Correo Gallego

O venres 15 de marzo, os alumnos/as de 6º de Primaria foron coñecer as instalacións do Correo Gallego en Santiago de Compostela, aproveitando que era a semana da prensa. Esta actividade foi financiada polo Concello de Padrón.

8 marzo: Día Internacional da muller

Entroido 2019 no Flavia

O 1 de marzo celebramos no noso centro o Entroido. Aquí tedes un resumo para que vexades que ben o pasamos!!!

 

Aviso ás familias de folga

Estimadas familias:

Informamos que mañá, venres 8 de marzo, está convocada unha folga, motivo polo que a actividade docente pode sufrir algún cambio debido ao dereito á folga que os mestres e mestras do centro teñen dereito a exercer.

Un saúdo. A dirección

Vacantes para o curso 2019-20

Podedes consultar no arquivo adxunto as vacantes en Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut