Skip to Content

A noticia dos nosos Superlíderes sae publicada en dous xornais

 

A noticia sobre o gran éxito que tiveron os alumnos de 3º do Ceip Flavia sae publicado nos xornais de El Correo Gallego e La Voz de Galicia.

Gala de Superlíderes

Hoxe, 9 de abril, foi un día cargado de emocións para todos os integrantes do Ceip Flavia e moi especialmente para o alumnado e mestras de terceiro de primaria. O motivo foi que hoxe celebrouse a Gala de Superlíderes onde participaban alumnos e alumnas de centros educativos que viñan de distintos puntos da xeografia galega. Os nosos participantes gañaron 4 premios!!! E foron agasallados cuns robots estupendos!!! Noraboa a todos os participantes.

 

A exposición de "mulleres" do Ceip Flavia aparece publicado no xornal

Como ben sabedes os cadros elaborados polo alumnado do Ceip Flavia están expostos ata o 5 de abril. O xornal La Voz de Galicia publica esta noticia o martes 2 de abril. Aquí o tendes. Clica enriba da imaxe e accederás á noticia.

Visita da escritora María Reimóndez

O alumnado de 3º e 4º de primaria tivo a sorte de coñecer e interactuar coa escritora María Reimóndez,  que é a autora do libro que estiveron lendo este segundo trimestre "O Segredo das froitas". Moitas grazas, María!!!                         

Exposición Mulleres

Exposición coa temática «mulleres»

Existen cambios nas datas da exposición de cadros. A inauguración será o 1 de abril á s 12'00 no Centro Social de Padrón e estará ata o 5 de abril.

 

Visita ao instituto

O venres 23 de marzo o alumnado de sexto foi a coñecer o IES Camilo José Cela. 

Visita ás instalacións do Correo Gallego

O venres 15 de marzo, os alumnos/as de 6º de Primaria foron coñecer as instalacións do Correo Gallego en Santiago de Compostela, aproveitando que era a semana da prensa. Esta actividade foi financiada polo Concello de Padrón.

8 marzo: Día Internacional da muller

Entroido 2019 no Flavia

O 1 de marzo celebramos no noso centro o Entroido. Aquí tedes un resumo para que vexades que ben o pasamos!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut