Skip to Content

Aprendemos a debuxar con Anxo Fariña

O luns 21 de maio estivo no noso centro o ilustrador Anxo Fariña. Grazas a el aprendemos moitas técnicas novas para realizar os nosos debuxos. Seguro que serán de gran utilidade!!!.

       

Día das Letras Galegas

Para celebrar o Día das Letras Galegas, nas aulas estivemos imprimindo en  camisetas debuxos coas portadas dos libros de María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano. Aquí tedes unha mostra do noso traballo

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2018-2019: Información sobre as listaxes

Estimadas familias: comunicamos que todas aquelas persoas que realizaron o proceso de admisión no noso centro, tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria, están admitidas. Queremos lembrarvos que o período de matrícula abranguerá do 20 ao 30 de Xuño.

María Canosa vén ao CEIP Flavia

A escritora María Canosa veu ao noso  centro o 19 de abril co gallo da celebración do Día do Libro.

Clicade no link e veredes o artigo de prensa.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/padron/2018/04/21/maria-canosa-ceip-flavia/0003_201804S21C119912.htm

O alumnado de 5º e 6º de Primaria sae na Voz de Galicia

O alumnado de 5º e 6º de Primaria sae no xornal La Voz de Galicia porque están a desenvolver o programa de Prensa-Escola. Podedes acceder a través do seguinte link:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/04/27/alumnos-padron-aprenden-periodismo-voz/00031524821102328497919.htm

 

Visita aos museos da Coruña

O pasado martes 24 as alumnas e alumnos de 5º e 6º fomos de viaxe á Coruña para visitar os museos científicos: o Domus, o Acuarium e a Casa das Ciencias.

Pasamos o día nesta cidade visitando todas estos lugares nos cales vimos unha peli en 3D fantástica, descubrimos un monton de cousas sobre os ecosistemas mariños e viaxamos polas estrelas.

 

Día internacional das mulleres, 8 de maio

O 8 de maio é o Día Internacional das mulleres é por iso, que no centro estivemos reflexionando acerca do papel da muller na sociedad galega e internacional. Non deixedes de visitar a web da biblioteca para ver  máis. Clica na imaxe e accederás directamente

Actividades programadas para o curso 2018/19

Estas son as actividades que están programadas inicialmente para os vindeiros meses. Non obstante, ao longo do curso van xurdindo novas actividades que iremos incluíndo tanto aquí como no calendario.  

1º TRIMESTRE

Entroido no Flavia 2018

No mes de febreiro celebramos o Entroido con moitos doces, bailes e moita diversión. Aquí tedes un pequeno resumo!!!

Contacontos no Pazo de Cultura de Pontevedra

O venres 27 de abril o alumnado de 1º e 2º asistiu a un contacontos no Pazo de Cultura de Pontevedra.

Distribuir contido


by Dr. Radut