Skip to Content

Quedada lectora

O xoves 21 os alumnos/@s de 6º de primaria fixemos unha quedada lectora contando historias dramatizadas aos nosos compañeiros e compañeiras do Ceip Rosalía de C.

PRÓXIMOS ENCONTROS COAS FAMILIAS: HÁBITOS, RUTINAS E LÍMITES.

Como nais e pais sentimos que as veces non contamos coas ferramentas axeitadas para xestionar as rutinas, os hábitos e os límites dos nosos fillos e fillas. Como sabemos que é un tema do voso interese, informamos, que o vindeiro

Visioruña

O pasado mércores 13 de nov. as clases de 5º e 6º viaxaron á Coruña para participar da   Semana  dos museos.

Actividades da semana

  Os alumnos de primeiro, durante a hora de ler, prepararon o conto " A mosca chosca" para representalo ante o alumnado de infantil ao longo da semana.

Festa do Magosto e do Samaín

O pasado mércores día 30 celebramos as festas do outono: o Samaín e o Magosto. Disfazámonos para meter medo e pasamos o susto comendo castañas e xogando.

Elaboramos un pequeno vídeo como mostra do ben que o pasamos

https://youtu.be/z1wg8ezEEO0

Celebramos o Aniversario de EF

O 24 de outubro é o aniversario de EF e, por iso cantámoslle para felicitalo nas tres linguas que coñecemos: galego, castelán e inglés.

Posteriormente EF agasallounos cunha mesa de luz!!!

Moitos parabéns, EF

 

CIRCULAR FESTA DO MAGOSTO E SAMAÍN

 CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E O SAMAÍN

Co motivo da celebración do Magosto e do Samaín que terá lugar o vindeiro mércores
30 de outubro invítase ao alumnado a adornar unha cabaza para expoñela no salón dos
Pasos Perdidos. 

PARA MAIS INFORMACIÓN ADXUNTAMOS A CIRCULAR QUE VAI SER ENVIADA ÁS FAMILIAS.
 

Xogos populares

Durante esta semana tivemos a sorte de contar con voluntarios do concello que nos estiveron dando a coñecer os xogos populares. Pasámolo fenomenal!!!

Clases de teatro con Chevere

Dentro do programa que se esta realizando sobre a Educación afectiva-sexual que se imparte aos niveis de primaria, impleméntase con actividade para os cursos de 6º , onde se poñen en práctica técnicas do teatro que axudan ao alumnado a saber enfrentarse a situacións de exposición colectiva e de desinhibición.

Se queres ver o que se está a facer nestos talleres preme na ligazón:

Divulgación da industria forestal

Distribuir contido


by Dr. Radut