Skip to Content

Último taller de Educación Sexual para o alumnado de 6º de Primaria

O 1 de febreiro o alumnado de 6º de Primaria tivo o último taller de Educación Sexual impartido por Belén Montesa.

Celebramos o día da paz

O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, onde ademais de decorar o centro con motivos da paz estivemos cantando unha canción chamada "Quérote máis" de Sonoro Maxín. Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades un anaco dese momento.

 

Día da Paz

O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz.

O Centro xa empezou a preparar algunha cousiña para recordar que a paz hai que celebrala todolos días.

Talleres de Educación Sexual para o alumnado de 6º de Primaria

O luns 14 de xaneiro o alumnado de 6º A e B de Primaria tiveron uns talleres de Educación Sexual impartidos por Belén Montesa.

 

Festexamos o Nadal ao grande

As vacacións do Nadal xa chegaron e para festexalo o venres estivemos celebrándoo ao grande: escribimos cartas aos Reis Magos e entregámosllas, tomamos as uvas ao son das 12 campanadas, cantamos unha panxoliña de Nadal, tomamos o chocolate con churros... foi unha mañá con moitas sorpresas. 

podedes descargarvos algunhas imaxes do día premendo no arquivo adxunto.

A Garda Civil chega ás nosas aulas

O venres 14 de decembro a Garda Civil estivo no noso colexio onde nos ensinou seguridade vial e o seu día a día nesta profesión  a todo o alumnado de infantil e primaria . Tivemos a oportunidade de probar o que é ser policía!!! Podedes ver máis fotografías nos arquivos adxuntos.

Visitamos o xardín botánico

O martes 11 de decembro o alumnado de Educación Infantil tivo a sorte de visitar o xardín botánico da vila de Padrón. Aquí tedes algunhas imaxes.

Novos membros do Consello Escolar

Como xa vos fomos informando, este curso houbo renovación parcial dos representantes ao Consello Escolar. A continuación adxuntámosvos todos os representantes que forman parte do mesmo.

Familiarizándonos coa Piramide da Alimentación

O 4 de decembro os alumnos de 1º e 2º de primaria tivemos a sorte de que contar coa colaboración da Escola Galega de Consumo onde estivemos traballando a Pirámide da alimentación. 

Obradoiros na Escola Galega de Consumo para os alumnos de 5º de primaria

O venres 30 de novembro os alumnos/as de 5º de primaria fomos ata a Escola Galega de Consumo a dous obradoiros moi interesantes: de publicidade e de videoxogos. Foi moi  interesante

Distribuir contido


by Dr. Radut