Skip to Content

Reunións de inicio de curso para Educación Infantil e Primaria

Estas son as datas e o horario correspondente para as reunións coas familias de inicio de curso.

18 de setembro

  •   16:00 a 16:45: Educación Primaria 1º e 2º.
  •   16:45 a 17:45: Educación Primaria 3º e 4º.  

 

25 de setembro:

  •   16:45 a 17:45: Educación Primaria 5º e 6º.

 

2 de outubro

  •   16:45 a 17:45: Educación Infantil

 

Prégase a asistencia sen nenos/as.

Comezo das clases

O mércores 12 de setembro comezan as clases para Educación Infantil e Primaria.  O horario para o primeiro día  será o seguinte:

   Educación Infantil: 10:30 a 12:30

O alumnado que comeza en 3 anos terá o horario establecido no período de adaptación.

   Educación Primaria: 10:00 a 12:30

Reunión Informativa para as familias do alumnado de 4º Educación Infantil (3 anos)

O vindeiro venres 7 de setembro ás 11,00 da mañá, celebrarase unha reunión informativa para as familias do novo alumnado de 3 anos que comeza Educación Infantil. Prégase, se é posible, que acudan sen os nenos/as.

 

Calendario 2019/20

quí tedes á vosa disposición o calendario para o curso 2019/20. Se o queredes ver máis ampliado ou descargalo clicade enriba del.

 

Libros de texto para o curso 2018/19

Poñemos á vosa disposición a relación de libros de textos para o curso 2018/19(revisado o ISBN) por mor de solventar os posibles erros.

O material que se empregue para  Música comunicarásevos en setembro.

 Educación Infantil non empregará libros de texto para o vindeiro curso. En setembro informarásevos de todo o que fose preciso.

A remar!!

Fondo solidario para adquisición de libros e material escolar.

Xa saíu a Orde do 9 de maio de 2018 (DOG, 21 de maio) pola que se regula a participación no fondo solidario para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso. Estade atentos ás datas:

Presentación das solicitudes: do 23 de maio ata o 22 de xuño do 2018

Ver toda a información no documento que se adxunta.

Unha alumna de 6º do noso centro gaña o concurso mellor xornalista infantil e xuvenil

A alumna Elsa Montenegro de 6º de Primaria resultou ser a gañadora do XV concurso á mellor xornalista Infantil e xuvenil que realiza anualmente La Voz de Galicia. A noticia que escribiu fai alusión ao gran científico Stephen Hawking. Clica na imaxe e poderás ver a súa noticia. Moitos parabéns!!!

Aprendemos a debuxar con Anxo Fariña

O luns 21 de maio estivo no noso centro o ilustrador Anxo Fariña. Grazas a el aprendemos moitas técnicas novas para realizar os nosos debuxos. Seguro que serán de gran utilidade!!!.

       

Día das Letras Galegas

Para celebrar o Día das Letras Galegas, nas aulas estivemos imprimindo en  camisetas debuxos coas portadas dos libros de María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano. Aquí tedes unha mostra do noso traballo

Distribuir contido


by Dr. Radut