Skip to Content

Abecedario pola paz

Desde o centro estamos traballando pola paz. Por iso creamos un abecedario coas palabras que teñan que ver coa paz. Mirade cántas palabras pode haber.

Aliméntate ben!!!

O noso Centro solicitou a participación no programa "Aliméntate ben" para a

concesión de axudas de subministración de froitas frescas e leite líquido o cal nos foi concedido. O obxectivo é traballar unha alimentación saudable contribuíndo a promoción destes produtos e tamén de consumidores responsables. Así, durante 5 días á hora do recreo repartirase a todo o alumnado unha peza de froita variada.

Celebramos o Nadal e o Fin de ano polo alto!!!

No Flavia estivemos celebrando o Nadal. Primeiro viñeron os Reis Magos 

    

Despois cantamos unhas panxoliñas e celebramos as campanadas de Fin de Ano con uvas e todo!!!

Felicitamos o ano en distintas linguas de Europa

Ola a tod@s!!!

Os nen@s do Flavia imos felicitarvos o ano en distintas linguas de Europa.

 

Nota informativa aos pais/nais

Bo nadal, Europa

Día Internacional da Violencia de Xénero

                         

O 25 de novembro celebrouse  O DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

Mes da ciencia

              

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

A Biblioteca Escolar do Flavia recolle o testigo e organiza actividades e unha exposición para difundir a ciencia nas escolas.

Campaña de recollida de alimentos: mes de novembro

O noso centro en colaboración co IES Camilo José Cela estamos levando a cabo unha campaña para a recollida de alimentos.

Durante o mes de novembro estamos recollendo CACAO e CAFÉ.

II Encontros coas familias

Distribuir contido


by Dr. Radut