Skip to Content

Obradoiros na Escola Galega de Consumo

A publicidade está moi presente no noso día a día e temos que ser reflexivos e non deixarnos enganar. É por iso, que o xoves 29 de novembro os alumnos e alumnas de 6º de primaria do Ceip Flavia puidemos asistir a uns obradoiros de consumo onde aprendemos a ler etiquetas, a publicidade e os seus usos, a creación de caráctulas dos videoxogos... É sorprendente o que puidemos descubrir.



page | by Dr. Radut