Renovación parcial do Consello Escolar sticky icon

Deu comezo o proceso que dará lugar á renovación parcial do Consello Escolar do centro.

A Xunta Electoral, na súa reunión celebrada con data 03/11/2021, aprobou o seguinte calendario:

Eleccións Consello Escolar sticky icon

Comunícase que o próximo venres, 22 de outubro, ás 10:30 horas e na sala de profesores do centro, terá lugar o sorteo para a designación dos membros da Xunta Electoral que regulará todo o proceso das elección para a renovación parcial do Consello Escolar.

Neste sorteo elixirase un membro do sector dos Responsables do Alumnado, un membro do sector do Profesorado e un membro do sector do Persoal de Administración e Servizos.

LISTAXES DEFINITIVAS DE AXUDAS sticky icon

Comunícase que están publicadas no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas de admitidos nas axudas do Fondo solidario de libros de texto, así como as dos vales para adquisición de libros de texto e material escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021/2022 sticky icon

Os alumnos que solicitaron praza para o SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR  deberán cumprimentar os seguintes impresos e presentalo no  centro asinado o antes posible:

 COLABORADORES/AS DO COMEDOR

Está aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2021/2022. Os pais/nais/titores legais que desexen colaborar deberán cubrir o seguinte impreso e presentalo na dirección do centro:

 Todos estes impresos tamén están dispoñibles nas dependencias do centro.

Historiais académicos sticky icon

Os pais/nais/titores legais dos alumnos que remataron 6º curso de E. Primaria promocionando ao instituto poden xa pedir cita (982 82 81 33) para pasar polas oficinas do centro a partires do xoves, 1 de xullo, e recoller os HISTORIAIS ACADÉMICOS.

Estes documentos orixinais (antiguamente eran os LIBROS DE ESCOLARIDADE) deberanse conservar sempre en propiedade do alumno, aportando fotocopias cando lle sexan requeridos para calquera trámite. Para a matrícula no instituto non lle deberán ser requeridos pois, segundo a normativa vixente, o centro remitiralle copias dos mesmos ao instituto correspondente previa petición deste.(Art. 14.3 da ORDE do 9 de xuño de 2016 pola que se regula a avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia)

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar