DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS ENTRE O ALUMNADO
Será destinatario de mascarillas subministradas polo centro:
O alumnado que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:
1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
Os alumnos que recibiron axuda para adquirir material escolar non terán que presentar solicitude.
Os que reúnan os requisitos do punto 2. deberán cubrir e presentar no centro o impreso de solicitude antes do día 28 de novembro.
Impreso de solicitude | Normativa |
Servizo de comedor
![]() |
MENÚS 2023/2024 |
|
NORMATIVA VIXENTE: FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES. | ||
FORMULARIOS | ||
PAGO DE TAXAS
Os usuarios de comedor están habilitados para pagar as taxas pola utilización do mesmo no ESPAZO ABALAR.
Neste video explícase como facelo (lembren que non pode ser desde o móbil, senón desde o ordenador):
Samaín 2020
Xa falta moi pouquiño para esta festa tan "terrorífica..." e no cole non queremos deixala pasar así que temos algunha sorpresiña para todxs.
Adxuntamos unha nota informativa para as familias e queremos recordarvos tamén que o venres 30 de outubro as nenas e nenos poden vir caracterizados para a ocasión...só vos pedimos que non sexan disfraces que dean medo en exceso, pensando nos máis peques do cole.
Moitas grazas pola vosa atención.
Saúdos dende o Ceip Eloísa Rivadulla.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »