Skip to Content

LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO CURSO 2023-2024

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de alumnado para o próximo curso 2023/2024.

Todo o alumnado que solicitou praza está admitido.

Lembrade que a data de matriculación é do 20 ao 30 de xuño. Toda a información relativa á documentación para formalizar a matrícula colgarase esta semana na páxina web.

 

CONTACONTOS LETRAS GALEGAS

Pinchade na imaxe para ampliar

 

O alumnado do cole asistiu a un contacontos titulado "De cando María Antonia Dans decidiu ser pintora" a cargo de Polo correo do vento e financiado polo Concello de Curtis.

 

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE TENIS DE MESA

O pasado sábado 13 de maio, algúns alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP, participaron no Campionato provincial de tenis de mesa, que se disputou durante todo o día no concello de Zas. Os resultados foron fenomenais. Trouxemos 3 trofeos e medallas para todos e todas.

Temos que felicitar tamén a todos e todas os nenos e nenas que participaron no Campionato intercomarcal que se celebrou en Narón. Está o resumo na sección de EF, dentro de XOGADE.

O equipo de alevín masculino de 6º EP, quedaron en 2ª posición.

Os outros dous equipos de 5º EP alevín feminino e masculino quedaron en 4ª posición.

Noraboa a todos e todas. VER FOTOS

 

 

AS NOSAS SESIÓNS DE CINE!

ADMISIÓN ALUMNADO

Admisión alumnado 23-24.

Publicada a listaxe provisional no taboeiro de anuncios do centro. Todas as solicitudes foron admitidas. Publicación da listaxe definitiva o 16 de maio. Lembrade que o período de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut