Skip to Content

Saídas

VISITA MUSEO BELAS ARTES DA CORUÑA

O xoves 3 de maio os cursos de 3º, 5º e 6º de Educación Primaria visitamos o Museo de Belas Artes da Coruña. Esta actividade estivo relacionada co Proxecto "Pequenos Pintores".

Fomos recibidos por monitores que nos ensinaron moito sobre as obras que ten o museo.

Rematamos cuns talleres moi divertidos.

FAI CLIC NA IMAXE

EXCURSIÓN A SANTIAGO 5º E 6º PRIMARIA (21 de Marzo de 2019)

Álbum: Educación Primaria -> VISITA SANTIAGO DE COMPOSTELA 5º e 6º

(FAI CLIC NA IMAXE)

O día 21 de marzo, 5º e 6º de primaria visitamos o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), na cidade de Santiago de Compostela. Aprendemos a ver a arte desde un punto de vista moi innovador, onde se utiliza: o son, a luz, o corpo, materiais de reciclaxe,... 

Rematamos visitando a zona vella desta fermosa cidade guiados por Isabel, gran coñecedora da súa historia e monumentos.

 

Un bo día!!!!

"SONORO EMPEÑO" Afundación ABANCA (13 de Febreiro de 2019)

Álbum: Educación Primaria -> VISITA EXPOSICIÓN "SONORO EMPEÑO" 3º e 4º

Os alumnos/as de 3º e 4º fumos de excursión Afundación da ABANCA de A Coruña.

Aprendemos a escoitar a música nos cadros do museo. Fixémolo xogando e experimentando cos sons.

Tamén participamos nun taller de pintura creatiVa. Debuxar deixándonos levar polas emocións que nos facían sentir as cancións de diferentes estilos: clásica, heavy,...

 

PASÁMOLO XENIAL!!!!

(FAI CLIC NA IMAXE PARA VER O NOSO ALBÚM)

A MÚSICA NA PINTURA (11 de Febreiro 2019)

Álbum: Educación Primaria -> VISITA EXPOSICIÓN "SONORO EMPEÑO"1º e 2º

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria visitamos o día 11 de Febreiro a exposición "Sonoro empeño" na Coruña. Estivo moi interesante posto que observamos cadros dunha maneira diferente, coma se dun conto se tratase. Ademais foi moi divertido, xa que todos os cadros estaban relacionados coa música.

Deseguido podedesver unha serie de fotos, que mostran o ben que o pasamos e o atentos que estivemos.

 (FAI CLIC NA IMAXE)

VISITA EDUCACIÓN INFANTIL: EXPOSICIÓN "SONORO EMPEÑO" (8 Febreiro 2019)

Os nenos/as de Educación Infantil; o venres día 8 de Febreiro de 2019; asistimos a Exposición «Sonoro empeño». É unha viaxe a través da interpretación pictórica da música do cal disfrutamos cun programa didáctico adaptado a escolares de tódalas idades.

PASÁMOLO XENIAL!!!!!

  

 

     

Distribuir contido


by Dr. Radut