Skip to Content

SAÍDA 6º E.P

O alumnado de 6º gozou onte dunha xornada moi especial polas Rías Baixas. Pola mañá partindo do porto de O Grove a bordo dun catamarán con visión submarina, incluída degustación deliciosa de mexillóns ao vapor. Pola tarde, na Illa de Arousa, percorrido en Kayak e xogos por equipos no entorno da praia. Foi un día perfecto!

VISITA IES DE CURTIS

Os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria visitamos o instituto de Curtis. Desfrutamos moito da xornada na que coñecemos moitos recunchos interesantes que nos esperan; fixemos un experimento, manexamos un dron e saboreamos uns bocatas exquisitos.

Saída EUMENATURA

Esta semana tamén tocaron as saídas de fin de curso para o alumnado de 1º a 5º de Educación Primaria a Eumenatura (Monfero). Foron dúas xornadas nas que os nenos e nenas camiñaron polas Fragas do Eume, xogaron, brincaron e lanzáronse polo súper tobogán de auga!

Saída MARCELLE

Álbum: Curso 2022-2023 -> Saída MARCELLE

As nenas e nenos de Educación Infantil realizamos esta semana unha saída á reserva natural de Marcelle. Puidemos ver animais como o lobo, dous xabarís, unhas raposas albinas...Alí comprobamos como estes animais, os cales foron maltratados, agora levan unha vida máis tranquila e con moitos coidados. Logo comemos todos xuntos para finalizar a xornada visitando máis animais como a cebra, a avestruz e os aix. Pasámolo xenial!

REUNIÓN INFORMATIVA FAMILIAS 3 ANOS

(Pinchade na imaxe para ampliar)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut