Skip to Content

Dependencias

PROXECTO DE ACCESIBILIDADE

 

Un dos obxectivos do noso centro a través dos proxectos enmarcados en CPInclúe e Boas Prácticas Inclusivas é mellorar a accesibilidade no noso centro educativo.

Durante este curso 23-24 e, grazas á colaboración da asociación COGAMI, isto comeza a ser posible. Este organismo elaborou para o CEIP de Teixeiro un plan de accesibilidade de todo o centro educativo remarcando aquelas zonas onde se podería actuar a nivel de accesibilidade.

Este plan presentarase perante o Consello Escolar do centro, para a súa análise, e tamén se enviará ao órgani competente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a fin de que se teña en conta e se poidan realizar algunhas actuacións no edificio.

Agora, confiamos en que todos os órganos da Comunidade Educativa colaboren con nós para poder levalo á práctica e ter así un centro educativo accesible para toda persoa que acceda ás nosas dependencias.

NOVO PATIO DE INFANTIL

(Pinchade na imaxe para ampliar)

Estamos de estrea no patio de infantil! Durante as vacacións de Nadal o concello levou a cabo unha reforma do patio que empregan os máis pequeniños do cole.

 

NOVO RECUNCHO NO COLE!

Estamos de estrea no cole cun novo recuncho!

Coa colaboración de todo o alumnado e profesorado, quixemos crear un novo espazo. 

Aproveitando as conmemoracións que se fixeron ao longo do curso, e a través dos Contratos Programa nos que o centro está a participar, as nosas nenas e nenos crearon estas frases tan inspiradoras e motivadoras.

Pincha na imaxe para ampliar

 

COÑECE O NOSO CENTRO

Queredes coñecer algo máis do noso cole? Aquí vos presentamos algunhas cousiñas interesantes sobre nós.

Pinchade na imaxe para desplegar o folleto. 

Se precisades calquera información, non dubidedes en chamar ao centro e poñervos en contacto co equipo directivo. 

PINCHADE NAS IMAXES PARA AMPLIAR

 

ESTAMOS DE ESTREA!

Dende a volta de vacacións contamos con baños novos para o alumnado no CEIP de Teixeiro. Seguiremos á procura de melloras nas instalacións do centro para o benestar de toda a comunidade educativa.

 

Pinchade na imaxe para ampliar

 

Distribuir contido


by Dr. Radut