Skip to Content

Novas

RELATOS DE MEDO

Co gallo do Samaín e relacionado co proxecto do mar, o alumnado de 3º a 6º inventou relatos de medo, e de cada curso seleccionaron eles mesmos dous.

Os nenos e nenas de 1º e 2º presentaron un relato colectivo e os de Educación Infantil realizaron o seu traballo a través de debuxos.

Vaia escritores e pintores que temos neste cole!

 

A PALABRA MÁIS FERMOSA

 

Comezamos un novo curso con ilusións e proxectos renovados, polo que desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxemos crear un recuncho, "A NOSA LINGUA", onde se expoñerán os traballos realizados polo alumnado.

Ata o 15 de outubro poderedes ver "A palabra máis fermosa" e xa estamos preparando a segunda actividade. Cal será?...Axiña o saberedes!

LETRAS GALEGAS 2019

Álbum: 2.1.Conmemoracións /celebracións e outras actividades -> LETRAS GALEGAS 2019

FAI CLICK NA IMAXE

 

Ó longo de toda a semana celebramos no cole esta festividade tan importante para a nosa comunidade.

En todas as aulas realizáronse diversos traballos sobre ANTONIO FRAGUAS e todo o cole participou no certame literario organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

  • MARTES 14-5-2019:  Asistimos todo o cole a casa da cultura para ver unha obra de teatro titulada:"ROCKENSTEIN"

  

FAI CLIC NA IMAXE

  • XOVES16-5-2019: Celebración colectiva de devandita festividade.
    • Os alumnos/as de sexto de primaria leron a biografía de Antonio Fraguas.
    • Entrega de premios do cuncurso literario.
    • Lectura dos traballos premiados.
    • Canción conxunta do Himno Galego interpretado pola vocalista galega Lucía Pérez.
    • Canción de Rosalía de Castro "Adeus ríos, adeus Fontes".

 

 

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2019

Nos seguintes enlaces atoparás unha serie de recursos FAI CLIC NAS IMAXES

 

 

 

 

 

 

LIBRO CD CANTA, MIÑA PEDRA, CANTA

     

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut