Despois de meses renovando a nosa biblioteca, toca abrir de novo as súas portas! O xoves 26 faremos a inauguración e contaremos con contacontos para todo o alumnado, visita á nova biblioteca, presentación da nova mascota e moitas máis actividades que temos programadas.
Na seguinte imaxe tedes información que pode ser do voso interese sobre o Festival de Curtametraxes Infantís da Cidade da Cultura, o cal se desenvolverá na fin de semana do 28 e 29 de xaneiro.