Skip to Content

Colectivas

TALLERES "SAÚDE NA ESCOLA"


(Pinchade na imaxe para ampliar)

A través da Consellería de Sanidade ponse en marcha o Proxecto Ardora encamiñado á prevención de condutas aditivas ao longo da vida. Parte deste proxecto realiza unha labor de prevención no eido educativo.

Con este programa desenvolvéronse diferentes charlas ao longo do trimestre co título de "Saúde na escola".

As actividades deste programa están enfocadas á intervención co alumnado de 6º de EP coa finalidade de promover estilos de vida saudables.

Dende o Departamento de Orientación adaptáronse os diferentes materiais utilizados nestes talleres para darlle acceso a todo o alumnado.

 

AUDIOGUÍA DAS OBRAS DO NADAL

As voces que nos explican os cadros, pertencen ás nenas e nenos de 6º de EP. Esperamos que desfrutedes das súas exposicións.

ARTE E MOVEMENTO

O Nacemento de Xesús é un tema que interesou aos pintores de todos os tempos. As nenas e nenos de Relixión do cole de Teixeiro introdúcense de cheo nas obras máis destacadas do ciclo de Nadal, que se atoparon no museo do Prado.

Os artistas non no lo puxeron fácil... os traxes picaban, os escorzos resultaban imposibles e manter a compostura foi un reto. O resultado velaquí o tedes: emoción-arte e aprendizaxe.

VISITA AQUARIUM FINISTERRAE

Álbum: Curso 23-24 -> Visita Aquarium Finisterrae

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria desfrutamos o pasado martes dunha visita ao Aquarium Finisterrae da Coruña. Pasámolo en grande!

NOTA INFORMATIVA NADAL

(Pinchade na imaxe para ampliar)

Distribuir contido


by Dr. Radut