A Consellería de Educación publicou hoxe a Orde de 27 de marzo de 2020 que contempla axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar durante a suspensión do servizo como consecuencia do COVID-19. Vai dirixido ás familias que ostentan a condición de gratuito e do que por renda familiar resulta pagador dun euro.
É dicir, poderán solicitar estas axudas tan só aquelas familias, usuarias do comedor, que durante o curso escolar pagan 0 euros ou 1 euro polo servizo.
Axudas que se van percibir: Nos casos de alumnado con gratuidade total: 2,50 euros. Para o alumnado que paga 1 euro: 1,50 euros.
Esta axuda cubrirá os seguintes períodos: Marzo: dende o 16 ata o 31 (11 días lectivos. Abril: dende o 1 ata o 3 (3 días lectivos). Si se prolongase outros 15 días cubriría os días lectivos ata o 1 de maio (non incluído por ser festivo)
SOLICITUDES: dende o 31 de marzo ata o 6 de abril, ambos inclusive.
PRESENTACIÓN: As solicitudes deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Porén, no caso de que estas non dispoñan de coñecementos ou medios para facelo é cando requirimos a axuda do equipo directivo do centro escolar onde teñan escolarizados os seus fillos e fillas, para axudalos a facelo, porque será o único xeito para eles de acceder ás tan precisas axudas.
As familias terán que facilitar -preferiblemente a través do correo electrónico do centro (ceip.teixeiro@edu.xunta.es) e/ou por vía telefónica- os seguintes datos:
a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería
c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.
No correo electrónico poñerase no Asunto "Axudas comedor COVID 19".
As solicitudes tramitaranse no centro dende martes 31 ata o venres 3 de abril.
HORARIO DE ATENCIÓN TELEFÓNICA: de 11:00 a 13:00.
SOLICITUDE QUE SE TEN QUE ANEXAR.