Skip to Content

Secretaría

PUBLICACIÓN LISTAXE DE ADMITIDOS AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

Os prazos para o procedemento do fondo solidario de libros de texto e material escolar é o seguinte:

  • 1 DE XULLO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO TABOLEIRO DO CENTRO.
  • 4 E 5 DE XULLO: RECLAMACIÓN Á LISTAXE PROVISIONAL.
  • 6 DE XULLO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO TABOLEIRO DO CENTRO.
  • 7 E 8 DE XULLO: ENTREGA DE VALES EN HORARIO DE 10.00 A 12.00.

MATRÍCULA ALUMNADO 3 ANOS (CURSO 2022-2023)

A matrícula para o alumnado que se incorpora o próximo curso 2022- 2023 en 3 anos (4º

de Educación Infantil) será a seguinte:

  • DATAS DE MATRÍCULA: DO 20 AO 30 DE XUÑO
  • HORARIO DE PRESENTACIÓN DA MATRÍCULA:

                  Dos días 20 ao 22 de xuño: horario habitual de secretaría.

                  Dos días 23 ao 30 de xuño: horario de 10.00 a 12.00 

  • DOCUMENTOS A PRESENTAR:
  1. Impreso de formalización de matrícula.
  2. Autorización uso de imaxe e saídas.
  3. Formulario lingua materna.
  4. Dúas fotografías tamaño carnet.
  5. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  6. Fotocopia da cartilla de vacinas.
  7. Informe médico- sanitario.
  8. Fotocopia do libro de familia.

 

AXUDA FONDO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022/2023

 Infórmase da publicación no Diario Oficial de Galicia do día 18 de maio de 2022, da Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar, destinada ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022-23.

Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño.

Documentación requerida:

- Solicitude de participación Anexo I

- Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar Anexo II

- Copia do libro de familia ou documento equivalente.

- En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

As solicitudes pódense tramitar de forma presencial no centro en horario de secretaría, ou a través da aplicación Fondolibros. Se a tramitación se fai a través da aplicación de Fondolibros poderán presentar a solicitude na Sede Electrónica ou de forma presencial no centro.

 ALUMNADO QUE PODE PARTICIPAR:

(CURSOS NOS QUE ESTARÁN ESCOLARIZADOS NO 2022/2023)

- Fondo solidario de libros de texto: alumnado de 3º, 4º e 6º de E.P. (O alumnado de 5º de E.P. non poderá participar no fondo solidario de libros de texto ao estar incluído no Proxecto EDIXGAL).

- Axuda para libros de texto: alumnado de 1º e 2º de E.P, así como alumnado con NEAE ou discapacidade igual ou superior a 65%.

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado de Educación Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut