Recomendámosche

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2017-2018

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2017-2018

O prazo para a presentación de solicitudes, así como a documentación acreditativa nos casos que sexa preciso, será do 8 ao 26 de xuño ámbolos dous inclusive, en horario de secretaría do centro. Así mesmo aquelas  persoas que desexen colaborar como persoal coidador do alumnado que utiliza o servizo de comedor poden presentar a súa solicitude no mesmo prazo do 8 a 26 de xuño. As instancias de solicitude pódense recoller no centro a ou descargalas da web, así como o impreso de autodeclaración.

A contía a pagar por este servizo, ou a súa gratuidade, determínase no impreso de autodeclaración que as familias deberán achegar ao centro, debidamente cuberto, antes do 11 de setembro de 2016. 

Publicarase no taboleiro de anuncios e na web do centro, antes do 3 de xullo, as listas provisional e definitiva de admitidos  para o servizo de comedor entre as solicitudes recibidas.

SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR

Terán dereito ao servizo de comedor o alumnado escolarizado no centro que lle corresponda por pertencer a área de influencia do centro ou por escolarización forzosa no mesmo. Este requisito deberán acreditalo todos os solicitantesaportando o certificado de empadroamento. O Consello Escolar do centro procederá a admisión no servizo de comedor respectando estritamente a seguinte orde de preferencia:

 -Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.

-Alumnado usuario do servizo de transporte escolar.

 -Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe da asistenta social do concello que corresponda.

 -Alumnado membro de familias numerosas.

 -Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía.

-Outro alumnado do centro.

Solicitude de servizo de comedor.

Solicitude para colaborar no comedor.

Impreso Autodeclaración e instrucións para cubrir o impreso de Autodeclaración.

Calculadora simulación prezos comedores.

Distribuir contido