Skip to Content

Actividades

A MASCOTA DA NOSA BIBLIO

Pinchade na imaxe para ampliar

Comezaron a chegar as vosas creacións á nosa biblioteca. Sodes uns e unhas artistas!

Agardamos que máis familias se animen a participar no RETO que vos propuxo a mascota da nosa biblioteca, o  Crocodilo Drilo, e que nos sigades sorprendendo coa vosa creatividade.

Moitísimas grazas!

 

UN RETO MOI ESPECIAL

(Pinchade na imaxe para ampliar)

A mascota da nosa biblioteca proponvos un reto moi especial. Animádesvos a ler a carta que vos envía para descubrir de que se trata?

Saúdos e FELICES FESTAS!

MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe as mochilas viaxeiras emprenden rumbo cara novos fogares cargadiñas de maxia, historias fascinantes e moita ilusión para facer gozar a todos os nenos e nenas a través da lectura e do tempo en familia. 

Agardamos que as aproveitedes moito! 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado día 24 de outubro conmemorouse o día das bibliotecas e, para celebralo, os nenos e nenas de segundo representaron, coa axuda do kamishibai, a historia “Coas mans baleiras” ao resto de alumnado do centro.
Foi unha xornada moi divertida!

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo do día das Bibliotecas escolares, que se conmemora o 24 de outubro, presentámosvos algunhas das novidades de libros que podedes atopar no centro.

Aproveitamos tamén que se achega o Samaín para ofrecervos outros títulos relacionados con esta festividade.

Agardamos que vos gusten!

Distribuir contido


by Dr. Radut