Skip to Content

Actividades

INAUGURACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA

Despois de meses renovando a nosa biblioteca, toca abrir de novo as súas portas! O xoves 26 faremos a inauguración e contaremos con contacontos para todo o alumnado, visita á nova biblioteca, presentación da nova mascota e moitas máis actividades que temos programadas.

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS 2021

Con motivo da conmemoración desta data, dende a biblioteca do noso centro xurdiu a idea de realizar lecturas terroríficas nas aulas empregando unha selección de títulos expostos na mesma.

A continuación podedes ver unhas montaxes dos títulos escollidos para cada aula.

      

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A BIBLIOTECA SEGUE MEDRANDO

 

Hoxe vimos a contarvos unhas cantas novas relacionadas coa biblioteca.Durante o primeiro trimestre fomos realizando diferentes tarefas dende este espazo do centro. Así, posibilitáronse préstamos de libros ás aulas para enriquecer as bibliotecas de aula, elaboráronse os carnets do lector para o alumnado que comezou a etapa de primaria, coordinaronse algunhas actividades a nivel de centro e adquirironse novos fondos para que a nosa biblioteca non deixe de medrar.

Dentro do apartado de “INCLUSIÓN” tivemos o pracer de adquirir algúns dos títulos que veredes a continuación:

 

Tamén recibimos un presuposto para invertir en “IGUALDADE” e así seguir educando ao noso alumnado neste punto tan importante para a sociedade:

 

Por outra banda, recibimos tamén unha partida para invertir na tenda “O faro dos tres mundos”. Desta volta, deciciuse realizar unha división por cursos e mercar uns cantos títulos adaptados a cada idade (infantil, 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º)

 

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS NO CEIP DE TEIXEIRO

 

Como xa sabedes, o 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas. Como non podía ser doutro xeito, no CEIP de Teixeiro celebramos esta data creando un conto entre todo o cole.

Comezamos polo alumnado de 4º de educación infantil, que iniciou a historia e fomos pasando o conto ata que 6º de educación primaria rematou a historia e lle puxo o título ao conto.

Unha vez esta historia estivo rematada en cada a titoría leuse o conto ao alumando.

Despois de moito pensar e traballar nel saiu unha historia ben curiosa. Pasade a ver as aventuras de “SUPERBELLOTA E OS SEUS AMIGOS”

 

Distribuir contido


by Dr. Radut