Skip to Content

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS NO CEIP DE TEIXEIRO

 

Como xa sabedes, o 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas. Como non podía ser doutro xeito, no CEIP de Teixeiro celebramos esta data creando un conto entre todo o cole.

Comezamos polo alumnado de 4º de educación infantil, que iniciou a historia e fomos pasando o conto ata que 6º de educación primaria rematou a historia e lle puxo o título ao conto.

Unha vez esta historia estivo rematada en cada a titoría leuse o conto ao alumando.

Despois de moito pensar e traballar nel saiu unha historia ben curiosa. Pasade a ver as aventuras de “SUPERBELLOTA E OS SEUS AMIGOS”

 



page | by Dr. Radut