Skip to Content

Secretaría

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2022/23.

 

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  • Normativa de aplicación
  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Anexo I

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Estimadas familias:

Saiu publicada no DOG do 12 de novembro de 2021 a Orde do 28 de outubro que regula os criterios e procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado.

No seguinte enlace tedes toda a información: Orde 28 de outubro de 2021.

O alumnado beneficiario das máscaras será aquel que recibiu axuda de material este curso, e polo tanto este alumnado non debe presentar ningunha solicitude para recibilas.

Ademais deste alumnado, tamén pode solicitar a entrega de máscaras aquel alumnado que cumpra as condicións que aparecen na orde entregando a solicitude no centro antes do 26 de novembro. Estas son:

- Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

- Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

CONVOCATORIA PARA ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR.

CONVOCATORIA ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR.

Os documentos para presentar a candidatura poden recollerse no Centro en horario de Secretaría. 

Asimesmo, está exposto no taboeiro de anuncios do Centro os censos. Pódense consultar chamando antes para pedir cita previa.

 RECTIFICACIÓN DE ERROS: O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS É ATA O DÍA 11 DE NOVEMBRO, TAL E COMO CONSTA NO CALENDARIO ELECTORAL APROBADO POLA XUNTA ELECTORAL.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR.

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR.

RECTIFICACIÓN ERROS: O HORARIO DE VOTACIÓNS É ATA ÁS 15:30 HORAS O LUNS 22 DE NOVEMBRO.

Distribuir contido


by Dr. Radut