Skip to Content

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Estimadas familias:

Saiu publicada no DOG do 12 de novembro de 2021 a Orde do 28 de outubro que regula os criterios e procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado.

No seguinte enlace tedes toda a información: Orde 28 de outubro de 2021.

O alumnado beneficiario das máscaras será aquel que recibiu axuda de material este curso, e polo tanto este alumnado non debe presentar ningunha solicitude para recibilas.

Ademais deste alumnado, tamén pode solicitar a entrega de máscaras aquel alumnado que cumpra as condicións que aparecen na orde entregando a solicitude no centro antes do 26 de novembro. Estas son:

- Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

- Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 



page | by Dr. Radut