Skip to Content

Practicamos RUGBY

Álbum: Curso 2022-2023 -> FGR

O alumando de 5º e 6º de Educación Primaria puido coñecer e practicar da man de Elsa Porto, xogadora na división de honor e internacional con España, un pouco máis sobre esta modalidade deportiva. Gustou moito a actividade e, de cara ao próximo curso, profundizaremos máis neste deporte coa axuda da federación (FGR).

FORMACIÓN DO PROFESORADO

Pinchade na imaxe para ampliar

 

Outro curso máis seguimos a formarnos dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) dos que estamos inscritos en dúas liñas: TICS  e Dinamización da Biblioteca. 

 

 

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

  

 Pinchade na imaxe para ampliar

Aberto o prazo para participar na convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso 2023/2024 regulado pola Orde do 10 de maio de 2023.                                                             

                     PINCHADE NOS SEGUINTES ENLACES PARA MÁIS INFORMACIÓN: 

- MODELO ED330B (ANEXO I E ANEXO II)

PÁXINA XUNTA 

SEDE ELECTRÓNICA

ORDE 10 DE MAIO DE 2023

PREGUNTAS FRECUENTES

LETRAS GALEGAS 23

MATRÍCULA ALUMNADO 3 ANOS E NOVA INCORPORACIÓN (CURSO 2023-2024)

O proceso de matrícula para o alumnado que se incorpora o próximo curso 2023-2024 en 3 anos (4º de Educación Infantil) e o resto de alumnado que se incorpora por 1ª vez ao centro será o seguinte:

  • DATAS DE MATRÍCULA: DO 20 AO 30 DE XUÑO
  • HORARIO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

                     Días 20 e 21 de xuño: horario habitual de secretaría (ver horarios centro)

                     Días do 22 ao 30 de xuño: de 10.00 a 12.00 

  • DOCUMENTOS A PRESENTAR

                          1. Impreso de formalización de matrícula.

                          2. Autorización uso de imaxe e saídas.

                          3. Formulario lingua materna.

                          4. Dúas fotografías tamaño carnet.

                          5. Fotocopia da tarxeta sanitaria.

                          6. Informe médico-sanitario.

                          7. Fotocopia do libro de familia.

Podedes descargar os documentos ou pasar polo centro en horario de secretaría para recollelos. 

O alumnado que xa está matriculado non debe facer ningún trámite excepto cando se abra o prazo para solicitar praza de comedor ou para solicitar axuda de fondo libros (para Primaria).

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut