Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2023-2024

A continuación tedes o enlace con toda a información sobre o proceso de admisión para o alumnado para o próximo curso 2023-2024.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Existe a posibilidade de presentar a solicitude de 3 formas diferentes. Lembrade que o proceso é o de admisión (MODELO ED550B). Se pinchades no enlace anterior tedes toda a información de cada unha delas: 

1.Cubrir a solicitude informáticamente na páxina de admisión e presentala de xeito manual no centro.

2. Cubrir a solicitude informáticamente na páxina de admisión e asinala en Sede Electrónica.

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada no centro.

Podedes descargar a solicitude no seguinte enlace: SOLICITUDE ADMISIÓN (MODELO ED550B)

O PRAZO PARA PRESENTALA É DO 1 AO 20 DE MARZO EN HORARIO DE SECRETARÍA DO CENTRO (CONSULTAR APARTADO HORARIOS DO CENTRO NESTA WEB)

  • Prazo de presentación de solicitudes: 1 ao 20 de marzo.
  • Publicación da listaxe provisional de admitidos: 25 de abril (no taboleiro de anuncios do centro). A partir da data de publicación hai 5 días hábiles para reclamar esta listaxe.
  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos: 16 de maio.
  • Prazo de matrícula: 20 ao 30 de xuño.

XORNADA TENIS DE MESA

Hai unhas semanas alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria participamos nunha xornada de deporte escolar, tenis de mesa, en colaboración co programa XOGADE da Xunta de Galicia; o cal servirá para a clasificación na fase provincial que se xogará nos próximos meses. Ademais estreamos o logo da equipación que mercou o noso cole.

ESTAMOS DE ESTREA!

SAÍDA DIDÁCTICA A CORUÑA

Álbum: Curso 2022-2023 -> Saída didáctica

Despois do descanso de entroido, as rapazas e rapaces de 5º e 6º curso de Primaria visitamos o Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón en A Coruña; visita guiada que nos soubo a pouco e que nos gustaría repetir. Despois fomos ver unha obra de teatro en inglés. Foi unha experiencia nova e moi entretida na que algúns compañeiros tiveron a oportunidade de colaborar como actores.

V CARREIRA POLA INFANCIA

 

(Pinchade na imaxe para ampliar) 

Distribuir contido


by Dr. Radut