Skip to Content

ACTIVIDADES TELEMÁTICAS E RETOS: "EU QUEDO NA CASA"


(FAI CLIC)

 

 

 

PROXECTO "O MAR": OS TRANSPORTES (4º de Primaria)

Álbum: 4º de primaria -> PROXECTO "O MAR": OS TRANSPORTES

Como ben sabedes este curso académico no noso centro estamos traballando o tema do "MAR". E a nosa clase, 4° de primaria dirixiu o tema en todos os eidos, pero máis nos medios de transporte empregados no mar. Amosàmosvos unha mostra do noso traballo. Aquí tedes algúns dos seus barcos pesqueiros e trasatlánticos.

O NOSO QUIOSCO: SEMANA DA PRENSA (9-13 de Marzo)

Álbum: 1.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> SEMANA DA PRENSA

Do 9 ao 13 de marzo, celebramos a Semana da Prensa. Para traballar este tema, ademais das actividades a nivel de titoría, quixemos transformar un recuncho do cole no noso quiosco. Alí xogamos a vender e mercar prensa e sobre todo a reflexionar da importancia desta canle de comunicación que nos permite estar informados e pasar momentos divertidos.

 

 

EDUCACIÓN VIARIA: STOP ACCIDENTES

Álbum: 1.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> EDUCACIÓN VIAL

Ao longo do xoves 12 de marzo, fixemos no cole unhas xornadas de Educación Viaria chea de xogos e actividades para todo o alumnado. Estas actividades foron impartidas pola asociación Stop Accidentes e pola DXT. Impartiron talleres, charlas, sesión de concienciación sobre uso responsable da bicicleta, ...Moito aprendemos de todas estas sesións de Educación Viaria! Agora...a poñelo en práctica!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut