Skip to Content

25N

Esta semana levamos a cabo diferentes actividades e cantamos tod@s xunt@s a favor do respecto cara os demais e da necesidade de educar na igualdade buscando comportamentos non discriminatorios. Compartimos aquí o resultado deste traballo. Esperamos que o disfrutedes.

OBRADOIROS CIM

Álbum: Curso 23-24 -> Obradoiros CIM

O pasado xoves o alumnado de 6º de EI e 4º de EP participou en diferentes obradoiros organizados polo CIM do concello co fin de traballar sobre a igualdade de xénero.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe as mochilas viaxeiras emprenden rumbo cara novos fogares cargadiñas de maxia, historias fascinantes e moita ilusión para facer gozar a todos os nenos e nenas a través da lectura e do tempo en familia. 

Agardamos que as aproveitedes moito! 

ACTIVIDADE 25N

As nenas e nenos de 1° e 5° curso teñen claro o que SI queren e o que NON aceptan. Para conmemorar o 25N levaron a cabo esta actividade tan positiva.

CONGRESO INCLUSIÓN EDUCATIVA

(Pinchade na imaxe para ampliar)

O pasado martes, o Departamento de Orientación do CEIP de Teixeiro participou no "Congreso internacional de educación inclusiva" celebrado en Santiago de Compostela, apostando así por unha formación de cara á inclusión do noso alumnado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut