Xogade

A correr!!

Parabéns para os nosos deportistas que este pasado venres participástedes na fase zonal de campo a través celebrada en Touro. Gracias ao voso esforzo, a vosa ilusión e ao voso espíritu de sacrificio conseguistedes clasificar a catro dos seis equipos inscritos: benxamín feminino, benxamín masculino, alevín feminino e infantil feminino sen olvidar o consello Marela: "Desfrutade co deporte".Se queredes ver as fotos da carreira pinchade aquí.

Marela e Xogade!!

Marela apúntase á Xogade!! Apúntate á nova andaina deportiva!!

Xogamos ás canicas!!

 


A semana pasada Marela pasou de novo pola clase de Educación Física e animounos a xogar ás canicas... Invitounos a que investigásemos como xogaban os nosos pais, os nosos profes...e descubrir así os diferentes xogos de canicas.


Aprendimos a xogar ao "guá" e vimos que é moi divertido...!!


Se queres ver as fotos, pincha aquí

A goma

Xa sabemos xogar á goma!!! Marela visitounos na clase de Educación Física e animounos a xogar á goma...



Se queres ver as fotos pincha aquí.

O deporte escolar

Esforzo, sacrificio, superación, compañeirismo... son algúns dos valores que nos acompañaron ao longo dos partidos xogados durante este trimestre, pero sen lugar a dúbida o máis importante foi o feito de participar pasalo ben e coñecer, gracias ao deporte, novos amigos.

Dende a área de Educación Física, parabéns aos equipos do Ceip de Arzúa e do Cpi de Touro pola súa deportividade tanto dentro como fóra do campo.

As chapas


A semana pasada comezamos a xogar ás chapas nas clases de Educación Física e nas horas de lecer, personalizamos as chapas e descubrimos algunha das modalidades deste xogo.


Se queres ver algunha das fotos pincha aquí.

Os nosos xogos

   

Esta semana continuamos xogando á comba nos nosos tempos de lecer.

Se queres ver algunha das fotos deste xogo, preme aquí.

Powered by Drupal - Design by artinet