Xogade

VIVIR EN SAÚDE NO COLE EN 3º E 4º NIVEL

Hoxe día 6 de novembro tivemos un taller superfantástico para aprender un pouco máis sobre a saúde na aula de audiovisuais impartido por dous chefs dentro do programa de Xogade:

 

OS DE TERCEIRO RELAXÁMONOS CON MANUEL MARIÑO

Hoxe Manuel Mariño, dende Asuntos Sociais do Concello, veunos facer o primeiro taller de relaxación.

 
 

ENTREGA TROFEOS 2014

Os nosos equipos!!

Mirade que guapos están este ano os equipos dos XVII XOGOS DE PRIMAVERA e dos PEQUEXOGOS coas súas camisetas...

Se queres ver o resto dos equipos pinchade aquí!!

Os Xogovixías!!

 Estamos a punto de rematar os XVII Xogos de Primavera, onde os protagonistas destas competicións a parte dos nosos grandes deportistas foron os XOGOVIXÍAS, que se encargaron de vixiar o cumprimento das regras e o respecto e o compañeirismo entre os xogadores, actuando como verdadeiros árbitros, valorando a deportividade e penalizando os comportamentos antideportivos....

Gracias pola vosa labor tan importante!! 

Descubrimos a bici...

 

Os nenos e nenas do terceiro ciclo de Primaria partindo do traballo de investigación sobre a actividade física no cole e no concello, e do centro de interés "Inventos e descubrementos..." proposto pola Biblioteca do Centro, realizaron un estudio sobre a evolución da bicicleta.

 Mirade cantas cousas aprenderon sobre a bici...

 

Tiro a canasta

Os nenos e as nenas de Infantil seguimos practicando deporte nos II Peque-Xogos, esta semana xogamos a lanzar tiros libres á canasta no patio dos maiores, que ilusión!!!
Todos os equipos conseguiron o seu sorriso para o marcador, xa que foron moi bos deportistas, mirade que ben o pasaron!!!



Apúntate ao voleibol...!!

 

Neste trimestre os nenos e nenas de quinto e sexto de Primaria iniciámonos e perfeccionamos algunhas das técnicas do voleibol.

Se queres coñecer algo máis deste deporte anímate con este xogo!!

 

Preme aquí para xogar na pantalla grande

Preparados, listos, a xogaaarr...!!

Xa comezamos os XVII XOGOS DE PRIMAVERA...!!
Cada día antes de comezar as clases, os nosos deportistas cheos de ilusión e con gañas de xogar van consultar o taboleiro deportivo onde diariamente se convocan  diferentes partidos de brilé, minibasquet, fútbol sala, xadrez ou badminton.
Nas horas de lecer os equipos participantes ataviados coas súas camisetas e baixo a supervisión dos árbitros  desputan o partido sen olvidar que o máis importante é participar e pasalo ben...
Se queredes ver como se divirten premede aquí.

Powered by Drupal - Design by artinet