Complementarias, Magosto, Nadal, A Paz, Antroido, Letras Galegas, Festival, Outras, plan valora

Obradoiro música tradicional

A Semana do 18, 19 e 20 de xuño pasamos uns días nos que a Asociación Santiagüiños de Boimorto nos fixo desfrutar da música tradicional.

Por uns momentos convertémonos en pandereteiras/os e tamén cantamos e bailamos. Tamén nos ensinaron outros moitos instrumentos: gaita, pandeiro, bombo,...e algún outro moito máis sinxelo como unha folla, si, si,...das follas tamén sae música!!

Graciñas a estes profes tan especiais por facernos vivir a música e contaxiarnos o voso entusiasmo!!

Camiñando, camiñando!!!

Camiñando, camiñando chegamos un ano máis ata o campo da festa de Preguntoño dende o cole. Nesta xornada de convivencia, non esquecemos o baile, o xogo e, como non, o contacto ca natureza!!
Mira neste vídeo o moito que desfrutamos pequenos e maiores.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Xogos Populares

Xogos Populares

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas fixemos nas aulas traballos adicados a Valentín Paz Andrade. 

Ademais, desfrutamos dunha xornada de Xogos Populares, na que nos divertimos xogando á ra, á chave, á petanca e moitos máis. Ollade!!

Entroido 2012

Xentes de todos os lugares do mundo viñeron visitarnos este Entroido.

Xuntáronse no cole para desfilar e poder ensinarnos as Marabillas do Mundo. 

Para ver como nos divertimos preme aquí!!!

RELATORIO DE CARMEN LOUREIRO: "COMPETENCIA EMOCIONAL"

Dentro das actividades para o Plan Mellora deste curso, "A Competencia Social".

Participan os mestres acollidos ao plan e outros mestres do centro e outros centros veciños que estean interesados no relatorio.

8 DE FEBREIRO

de17:30h.a 20:30

CEIP de Arzúa



Carmen Loureiro López

     

    Psicóloga e especialista en intelixencia emocional.

    Profesora no IES de Arous

     Colaboradora do Proxecto Noria de rede Crearmundos.

 

TEMA:

COMPETENCIA EMOCIONAL”

Queremos PAZ

O luns día 30 de xaneiro xuntámonos para cantarlle á PAZ, para a ocasión escollimos unha canción do grupo Maná "Queremos Paz".

Cada nena e neno elaborou unha bandeira do lugar no que se atopa a Marabilla do Mundo que está a estudando.

Depositámolas todas xuntas cas nosas mensaxes de paz para todo o mundo. 

Preme aquí para ver algunha imaxe do momento


sentímolo, flash non está dispoñible.

Fin de curso 2011

 

 

 

Un curso máis remata e, con el chega o Festival de Fin de Curso.

Festexámolo o pasado día 22 de xuño, foi unha xornada onde conviviron cantes e danzas, dende o máis tradicional ata a música que soará este verán.

Se queres ver a entrega de premios dos xogos de primavera e o ben que o pasamos no Festival, preme aquí.

 

 

 

 

Romaría Preguntoño

O ano pasado quedamos con ganas de repetir e....repetimos!!! A totalidade do alumnado e profesorado do cole emprendimos camiño ata o campo da festa de Preguntoño, alí tivemos un tempiño para o xogo, a música, o baile, xantar e moita, moita diversión.

Se queres ver a nosa Romaría en imaxes preme aquí.

Entroido 2011

 A quen pertencen estes disfraces???

Preme na imaxe e poderalo descubrir!!!!!


 

Está chegando o entroido!!!!!

 

Comeza o tempo das orellas, das filloas, do cocido...comeza o tempo do entroido!!!

Temos un Peliqueiro no cole que nos vai mandar traer algunha "vestimenta especial" durante esta semana. Estade ben atentos e non lle perdades ollo!!

Powered by Drupal - Design by artinet