Obradoiro música tradicional

A Semana do 18, 19 e 20 de xuño pasamos uns días nos que a Asociación Santiagüiños de Boimorto nos fixo desfrutar da música tradicional.

Por uns momentos convertémonos en pandereteiras/os e tamén cantamos e bailamos. Tamén nos ensinaron outros moitos instrumentos: gaita, pandeiro, bombo,...e algún outro moito máis sinxelo como unha folla, si, si,...das follas tamén sae música!!

Graciñas a estes profes tan especiais por facernos vivir a música e contaxiarnos o voso entusiasmo!!

Powered by Drupal - Design by artinet