Saídas

Excursión de 1º de Ed. Primaria ao Grove

Os nenos e nenas de 1º de Ed. Primaria foron de excursión ao Grove.

LIGAZÓN

Excursión de 6º de primaria

O venres día 30 de maio o alumnado de 6º de Ed. Primaria, realizou a excursión de fin de curso a Padrón: a Casa Museo de Rosalía de Castro e a Galipark aventura.

Excursión de 5º de Primaria

O alumnado de 5º de Ed. Primaria saíron o día 23 de maio de excursión a Cotobade.

Teatro en inglés: "Zapping"

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, acudíu o día 22 de xaneiro ao espectáculo de teatro en inglés "Zapping" onde ademais de pasalo moi ben, aprenderon interactuando cos actores sobre os planetas do Sistema Solar.

 

 

"Freaky": Obra de teatro en inglés

O pasado xoves 12 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Ed. Primaria, acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense a presenciar a obra de teatro en inglés chamada "FREAKY". Nela, puideron aprender e poñer en práctica o vocabulario e as estructuras comunicativas aprendidos no colexio, nunha obra na que os actores interactuaron con eles, facéndoos participes do espectáculo.

"De Fábula": Obra de títeres en galego

O día 29 de Novembro o alumnado de primeiro e segundo de Educación Primaria asistiu ao Auditorio de Ourense a ver unha obra de Teatro da compañía Artello.

Tratábase dunha montaxe de títeres en galego titulada: “De Fábula” que tiña como protagonista a unha raposa chamada Bulebule que se ve na obriga de deixar o seu fogar para independizarse e terá que aprender a vivir soa no bosque e ir superando as dificultades que van xurdindo.

A obra atopábase dentro da programación de actividades para escolares que oferta Afundación.

"De los cuentos a las cuentas"

O pasado dia 26 de outubro, os alumnos de 5º e 6º de EP acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense á obra de teatro "De los cuentos a las cuentas" ofertada pola fundacion ABANCA. Aproveitando a saída, puideron disfrutar ademais dunha visita ao Claustro de San Francisco e ao Museo Arqueológico Municipal onde os nenos tiveron unha visita guiada cunhas magnificas explicaciones.

   

   

Visita á Praza de Abastos de O Carballiño

O día 25 de maio os alumnos e alumnas de 4º e 6º de Ed. Primaria visitaron á Praza de Abastos de O Carballiño, nunha actividade organizada polo Concello. Alí recibiron diversas explicacións das pescadeiras, que lles ensinaron e nomearon os peixes que tiñan a venda. Logo un carniceiro explicoulles varias cousas sobre a carne: a súa conservación, normativa para a súa compra e venda, etc.

Por últimos recibiron uns agasallos.

Títeres: "Lío en la granja"

O pasado día 14 de decembro os alumnos e alumnas de 1º e 2º de E.P., acudiron ao Auditorio de Ourense a ver a obra de títeres "Lío en la granja".

Nesta divertida actuación, o alumnado puido pasar unha mañá distinta, pero aprendendo ao mesmo tempo valores tan importantes como o respeto polo compañeiros e o perigo dos prexuizos sociais, o perdón ante un erro e a necesidade de non xulgar antes de tempo a ninguén. Todo isto, maxistralmente transmitido a través dun espectáculo dinámico e orixinal da compañía Comediants La Baldufa.

 

Excursión de 5º de Primaria a Pontevedra

O día 27 de maio, os alumnos e alumnas de 5º de primaria sairon de Excursión a cidade de Pontevedra co seguinte itinerario:

  • Visita guiada pola cidade.
  • Visita ao museo de dita cidade.
  • Comida na Praia Fluvial.
  • Visita ao Castelo de Villasobroso (Ponteareas)

Distribuir contido