Novidades

Avaliación Individualizada para terceiro curso de Ed. Primaria.

Resolución do 25 de abril de 2017 (DOG)

 

Na avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria avaliarase a competencia en comunicación lingüística e a competencia matemática.

A aplicación das probas realizarase os días 30 e 31 de maioen sesións de mañá.

Fondo Solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

 O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

SOLICITUDE (ANEXO I)

 

Día 2 de maio

O día 2 de maio non hai clase, é o día non lectivo escollido polo Centro.

Tamén informamos que o día 2 de maio ábrese o prazo para pais/nais que queiran ser colaboradores/as do comedor escolar do centro para o vindeiro curso. Deben anotarse na secretaría do centro.

FINALIZOU A ALERTA POR NEVE

O día de hoxe, 23 de marzo, remata ás 12 da mañá a Alerta por Neve, polo tanto o Transporte Escolar volve a funcionar con normalidade.

Dende o centro queremos agradecer a comprensión, colaboración e respecto que amosaron as familias dos nosos alumnos e alumnas.

ALERTA METEOROLÓXICA PARA O DÍA 23

Debido a ALERTA METEOROLÓXICA, O DÍA 23O TRANSPORTE ESCOLAR NON FUNCIONARÁ PARA TRAER AOS NENOS/AS AO COLEXIO POLA MAÑÁ.

AS FAMILIAS QUE DECIDAN MANDAR AOS SEUS FILLOS/AS AO COLEXIO, DEBERÁN TRAELOS PERSONALMENTE.

O TRANSPORTE SÍ REALIZARÁ OS SERVIZOS DE MEDIODÍA E DE TARDE.

 

NOTA ACLARATORIA DA CONSELLERÍA

 

NOTA: Se houbese algún cambio, comunicaríamolo nesta páxina web.

ALERTA METEOROLÓXICA

"A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVADAS para os días 22 e 23 de marzo de 2017, que afectarán a tódalas provincias de Galicia.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 5 cm de espesor, que afectará as zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense (o noso centro pertence a esta zona) e do Interior de Pontevedra; e entre as 8:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, na zona de predición meteorolóxica do Sur de Ourense."

 

ANTE ESTA SITUACIÓN POÑEMOS EN COÑECEMENTO DAS FAMILIAS QUE MAÑÁ, DÍA 22, O TRANSPORTE ESCOLAR funcionará a mañá para traer aos nenos e nenas ao colexio, pero non funcionará para levalos de volta ás súas casas.

As familias que decidan mandar os nenos/as ao colexio, deberán vir a recollelos personalmente á saída do colexio.

O transporte non funcionará a mediodía nin a tarde.

 

NOTA ACLARATORIA DA CONSELLERÍA SOBRE O TRANSPORTE

Admisión de Alumnado para o curso 2017-2018

Xúntase a Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

LIGAZÓN

 

  • Do 1 ao 15 de febreiro está aberto o prazo para reservar praza nos Centros Adscritos. No noso centro, para os alumnos e alumnas de 6º de Ed. Primaria para reservar praza para os Institutos.
  • Do 1 ao 20 de marzo abrirase o prazo para a admisión de alumnado no centro.

Feliz Nadal a todos e todas!

"Seguimos soñando cun mundo máis xusto e feliz, no que ningún neno ou nena medre sen amor, comprensión e respecto."

 

Boas Festas a todas as familias!

Equipo Directivo e Claustro de Profesores

Resultado da Elección de Pais/Nais ao Consello Escolar

O día 23 de novembro de 17 a 20 horas celébranse as votación de pais, nais e titores legais do alumnado do Centro para elexir a dous compoñentes de Consello Escolar (renovación 2016).

VOTOS EMITIDOS: 70

VÁLIDOS: 69

NULOS: 1

EN BRANCO: 0

 

CANDIDATOS TOTAL DE VOTOS
Don Isaac Alberto Barral Díaz               17
Dona María Cabrerizo Fagilde 20
Dona Diana Carballeda Chan 25
Dona Patricia González Guerra 7
Don Miguel Ángel Lama González 0

 

Segundo isto proclámense candidatos:

  • Dona Diana Carballeda Chan.
  • Dona María Cabrerizo Fagilde.

 

Asdo. Os compoñentes da Mesa Electoral.

Distribuir contido