Skip to Content

logos á dereita

Proxectos do Centro

Estes son os proxectos do noso centro.


                 PLAMBE - BIBLIOTECA CREATIVA

                                                      
       

 

A nosa biblioteca está incluída no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, promovido pola Consellería de Educación) desde o curso 2007/08 (PLAMBE3). Iso implica non só a promoción  da lectura en diferentes soportes, senón tamén a comprensión, utilización e avaliación crítica da información. Ademais, dentro deste Plan, somos Biblioteca Inclusiva con diferentes materiais  de apoio ás necesidades educativas específicas, e Biblioteca Creativa que emprega a robótica, a impresión 3D e os obradoiros manipulativos para fomentar, estimular e apoiar a aprendizaxe.

 

 PROXECTO PLURILINGÜE 

                       

Formamos parte da Rede de Centros  Plurilingües da Xunta de Galicia desde fai case unha década, impartindo a materia de plástica en inglés en primaria. Desde o curso 2017/18, e dentro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020 (EDUlingüe) para o fomento e a mellora do plurilingüismo no ensino non universitario, vimos de ampliar á etapa de  Educación Infantil, coa denominación de PlurinfantilNo noso claustro hai  numeroso profesorado formado e acreditado para impartir en lingua inglesa unha materia non lingüística. Contamos cada ano con Auxiliares de Conversa de diversos países anglófonos, os cales, aportan diversidade e riqueza cultural á aprendizaxe da lingua estranxeira.

 

 PROXECTO ABALAR 

 

O Proxecto ABALAR, en funcionamento no noso centro desde o inicio da posta en marcha desta iniciativa en Galicia no curso 2009/10, contribúe á integración das Tecnoloxías da Información e a Comunicación na práctica educativa e á mellora das competencias dixitais do alumnado. A través deste proxecto, o alumnado de 5º e 6º conta cun portatil individual que empregan como un recurso máis da aula nas diferentes materias.

 

 

  PLAN PROXECTA CURSO 2019/20

 

 

 ALIMÉNTATE BEN     

Este curso o alumnado de Educación Infantil participou nesta modalidade do Plan Proxecta, unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.Neste caso solicitamos o reparto de froita fresca para o alumnado de infantil, para fomentar hábitos de alimentación saudable.

 

 CONTRATOS PROGRAMA 2020 

   

REFÓRZA-T. Modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo.

Dirixido á mellora do éxito escolar nos centros públicos de Galicia, este programa pretende potenciar de forma prioritaria o desenvolvemento das competencias clave, así como a mellora da convivencia nos centros, a promoción da igualdade de xénero e de medidas que fomenten a inclusión, o afondamento no logro da excelencia educativa, a redución das taxas de abandono escolar temperán, así como a promoción da atención educativa para a compensación de desigualdades na educación. En definitiva,contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia.

 

 

 

 

PLAN DIRECTOR

o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut