Skip to Content

  

  

Axudas de libros de texto e material escolar

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

PROCEDEMENTO

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica.

Para acceder á aplicación pulse aquí: fondolibros  

Para presentación presencial deberá entregar a documentación no edificio Uceira:(09:30-13:30h)  

Recorden que deberán manter as normas de distanciamento e seguridade. 

PRAZOS 

 Prazo de presentación de solicitudes: Do 20 de maio ao 19 de xuño

(ambos incluídos). 

Publicación da listaxe provisional: 10 de xullo.

Reclamacións: 13 e 14 de xullo.

Publicación da listaxe definitiva: 16 de xullo.

 As listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio Uceira. 

   Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:

-Copia do libro de familia ou documentación equivalente, onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

- Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

- Certificado ou volante de convivencia.*

- Informe dos servicios sociais ou do órgano equivalente do concello onde reside a familia.

* Non se considera válido o certificado de empadronamento.

DOCUMENTACIÓN DESCARGA
Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto.
Nota informativa para as familias.
IMPRESO DE SOLICITUDE (anexo I e II)

Para máis información na sede Electrónica da Xunta de Galicia: SEDE ELECTRÓNICA

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut