Estimadas familias,
Da comezo o proceso de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2021-22 coa reserva de praza nos centros de adscrición.
Do 11 de xaneiro ao 08 de febreiro o alumnado de 6º de primaria que desexe continuar os seus estudos no IES Número 1 ou no IES Chamoso Lamas (centros aos que estamos adscritos), deben presentar o impreso de solicitude de reserva de praza.
Para facilitar este trámite e favorecer a conciliación da vida familiar e laboral nos vindeiros días enviaremos o impreso a través do alumnado, que poderedes devolver cuberto e asinado.
A solicitude de admisión pódese cubrir tamén por vía telemática a través da páxina www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.
Se desexades máis información ou algunha aclaración non dubidedes en contactar co centro a través do teléfono 988271419 ou no correo ceip.calvo.sotelo@edu.xunta.gal.
Nos seguintes enlaces podedes acceder a máis información:
- Información sobre a reserva de praza.
- Aplicación Admisión Alumnado.