Skip to Content

logos á dereita

Lexislación, Menús, Normas do Comedor, Colaboradores/as do comedor escolar

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES/AS DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR 2023/2024

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2023-2024.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023/2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 8 setembro de 2023.

Durante o curso escolar 2023-2024  só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

O Carballiño, xullo de 2023.

NORMAS DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR

Pincha AQUÍ para ter acceso ás normas do comedor.

Termos do Acordo do Consello da Xunta do día 15 de outubro de 2020 que afectan aos colaboradores/as de atención e vixilancia dos menores comensais en comedores de xestión directa

 

Os importes diarios das compensacións económicas, serán os seguintes:

 

  • Colaborador/a de atención e vixilancia dos menores comensais en comedores de xestión directa: 12,50 € por día de asistencia efectiva ao comedor.

 

O presente acordo surtirá efectos dende o día 1 de outubro de 2020.

 

 

O Carballiño, 23 de Outubro de 2020.

 

Criterios de Baremación para o acceso ao comedor escolar

Infórmase ás familias dos criterios de baremación para o acceso ao comedor escolar.

 

CRITERIOS BAREMACIÓN

COMEDOR ESCOLAR

 

Distribuir contido


by Dr. Radut