Skip to Content

  

 

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES/AS DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE
EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS
NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR
DURANTE O CURSO 2021-2022.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste
centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2021/2022, colaborar de xeito altruísta nas
tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas
listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro
de 2021, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2021.

Durante o curso escolar 2021-2022  só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

O Carballiño, 30 de xuño de 2021



page | by Dr. Radut